¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
LIES_GA
LIES_GA
1º Hackathon Social
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Estudantes da USC buscan solucións innovadoras para mellorar a relación universidade-empresa no marco dos ODS

O reto é formular solucións que aposten pola innovación, o emprendemento social e a Sostibilidade

O I Hackathon Social organizado polo Laboratorio Universitario de Innovación e Economía Social de Galicia (LIES_GA) arrincou o venres pola tarde no Edificio Emprendia do Campus Vida (USC) contando coa participación de vinte e tres estudantes con ganas de compartir coñecementos e aportar valor á sociedade.

Este Hackathon nace do compromiso do LIES_GA de potenciar e desenvolver accións innovadoras no ámbito universitario. Así, o evento ofreceu aos participantes unha experiencia tanto intensiva como inmersiva na que desenvolveron solucións de carácter innovador e transversal ao reto de mellorar a relación universidade-empresa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Ditas solucións buscan mostrar o potencial da tecnoloxía para dar resposta aos retos sociais da propia universidade.

"Apostamos pola realización de actividades que visibilicen e potencien no ámbito universitario novos modelos e formas de facer, promovendo no estudantado destrezas e habilidades que complementen a súa aprendizaxe", afirman desde o equipo do LIES_GA . Neste sentido, o Hackathon Social representa unha oportunidade única de explorar e ampliar competencias relacionadas coa innovación e o emprendemento social, de potenciar o seu talento e de orientar os seus primeiros pasos no ámbito laboral.

A actividade comezou o venres pola tarde coa exposición e intercambio de ideas, e a creación dos grupos de traballo. Entre o alumnado participante atopábanse estudantes dos graos de economía, administración e dirección de empresas, filoloxía, matemáticas ou enxeñaría informática; así como estudantes de máster e doutoramento.

"Fixemos grupos de diferentes facultades para que foran multidisciplinares e encaixaran os diferentes coñecementos que teñen na construción desa solución que se espera que sexa tamén con base tecnolóxica", explicaban o venres Noelia Rodríguez, experta en innovación, e Beatriz García Cibreiro, en comunicación. A metodoloxía que se empregou  foi a da innovación aberta.

O Hackathon finalizou o sábado cando os equipos prototiparon as súas ideas e presentaron as súas propostas.

"Na presentación ten moita importancia a comunicación, como vendemos eses proxectos, e tamén como aprendemos nós a desenvolver habilidades para facer presentacións en público, a traballar en equipos", apuntaba Beatriz García.

Como remate, representantes do LIES_GA e da Área de Valoración, Transferencia e Emprendemento da USC que colabora neste evento, seleccionaron as mellores propostas, que recibiron como premio produtos de novas empresas elaborados de forma sostible.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 - 2023 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e EconomíaSocial.

1º Hackathon Social
1º Hackathon Social
1º Hackathon Social
1º Hackathon Social
1º Hackathon Social
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar